Lisa a da Maceira. 8 de marzo

É a que está no medio da foto, co canciño no colo.

“…cuarenta anos traballando nunha fábrica. Antes non era coma agora. Ós trece anos miña nai sacoume do colexio e meteume a traballar. E así, veña! Desde os trece anos hasta que nos botaron. A min as encargadas queríanme ben. Aínda lle aprendín a moitas que non sabían nada, poñíanmas ao meu lado, a aprender comigo. Hasta que me quixeron poñer a min de encargada, pero eu non quixen! Non… porque eu non valía para mandar. Desde as seis da mañá hasta as doce. Despois desde as tres hasta as cinco, sen levantarme do meu sitio, así quietiña, atenta ó traballo, para que os cuellos das camisas foran dereitiños. E os viernes ala, a correr para Cangas, a axudarlle ó teu abuelo coa churrería. Había que coller o vapor pola tarde e chegaba á noitiña para traballar outra vez. Alí durmiamos nuns colchóns no chan, canto frío pasamos no inverno! Vaia miseria! E a túa nai quedaba coas tías no Muro. O domingo volvía cedo para casa, outra vez a coller o vapor, porque o luns había que madrugar outra vez ás cinco e media da mañá…”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s