Porque a lingua se pode ensinar doutro xeito.
Descubrín este libro despois de asistir a un obradoiro que impartiu a autora nunhas xornadas de Apiga alá polo 2002, se mal non lembro. Baseándose no enfoque humanístico para o ensino de idiomas, Jane Arnold xunto con outros colaboradores de renome deixanos claro en Affect in language learning que os procesos afectivos e cognitivos non se poden separar se desexamos que a aprendizaxe sexa efectiva.
Ao longo de dezaoito capítulos tanto de teoría como de práctica descubrimos que enfoques moi diferentes entre sí no ensino de linguas chegan á mesma conclusión en canto á relevancia da afectividade e da emoción no proceso de ensino-aprendizaxe.