Beyond Babel

É o título dunha serie que se emitiu na BBC e que  se pode atopar en DVD. Eu dei con ela por casualidade cando buscaba información sobre o lingüista David Crystal.

Nun percorrido por catro programas (Trade, Culture, Politics, Future) analízanse en profundidade os diferentes factores que fixeron que o inglés teña a condición de lingua global no século XXI. Para non destripar o contido só engadirei que a serie remata co capítulo “Endangered Languages” no que se exemplifica a situación das linguas minoritarias a través da lingua Hupa dos indios americanos de California. A comunidade e autoridades locais  intentan remediar o dano feito por políticas guvernamentais erróneas. (Isto lémbrame algo, ou?)

Os guións da serie se poden baixar aquí, http://www.beyondbabel.co.uk/. Tamén se nos ofrece unha canle en youtube onde se poden ver algúns dos episodios recollidos no DVD.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s