Queríamos motivar ao alumnado, favorecer o desenvolvemento da sensibilidade estética e a creatividade, axudar a que a aprendizaxe lingüística se produxese de xeito efectivo, mellorar as relacións sociais e potenciar o traballo cooperativo.
BREVE DESCRICIÓN DO PROXECTO
- Curso: 3ºESO
- Duración : 20 sesións
- Finalidade: Inauguración dunha galería de arte feita polo alumnado na entrada do instituto
- Asignaturas implicadas: Educación Plástica e Visual- Inglés-Música
Fases:
- Formación dos grupos de traballo
- Elección dunha obra e recollida de datos sobre ela e o autor na lingua meta dende o Renacemento ata as Vangardas históricas.
- Elaboración de marcos, tarxetas, invitacións, trípticos e notas de prensa iniciando ao alumnado en programas informáticos de tratamento de textos e imaxes.
- Grabación de videos e toma de fotos sobre o proceso creativo.
- Inauguración da galería
Escolma de actividades
- Selección de movementos artísticos e pintores e asignación aos grupos.
- Busca de información e imaxes.
- Recopilación de linguaxe técnico para a análise das obras.
- Creación dun modelo de ficha técnica
- Impresión de imaxes, deseño e elaboración dos marcos.
- Deseño e redacción das invitacións.
- Redacción e ilustración de textos inspirados en cada obra
- Elaboración de rótulos e carteis para a galería
- Disposición e montaxe da galería
- Audicións musicais representativas de cada movemento artístico.
- Inauguración
- Avaliación do proxecto.
Coautora: Ana Romero Romero