Debería ser obrigatoria máis dunha lectura como The Element por Sir Ken Robinson cando estás preparanado as oposicións. Resultaría moito máis útil ter algo de formación sobre a creatividade e o seu papel na educación cando con quen imos traballar despois son rapazas e rapaces en pleno desenvolvemento e descubrimento do mundo. Eu enchinme de ler,… Seguir lendo Algo de creatividade por favor!
Mes: Xaneiro 2012
Skeleton Woman, compaixón e amor
“From Darkness” é unha adaptación do conto tradicional dos inuit Muller Esqueleto dirixido por Nora Twomey. A violencia dun home sobre a súa filla verase redimida cando outro home apareza. Muller Esqueleto forma parte dunha colección de vintecatro contos tradicionais de todo o mundo, seleccionados e reinterpretados por Tim Bowley na súa obra bilingüe (inglés-castelán)… Seguir lendo Skeleton Woman, compaixón e amor
Literatura made in Wales
Relato irreverente en primeira persoa do adolescente Oliver Tate que pretende salvar o matrimonio dos seus pais ao mesmo tempo perder a súa virxinidade antes de cumprir os dezaseis anos. Entre o cómico e o dramático, Oliver vai descubrindo o mundo dos adultos, do amor e as decepcións. O autor Joe Dunthorne é unha das… Seguir lendo Literatura made in Wales
cariciasparaocorazón
a miña man no teu peito morna a miña man quente o teu peito o corazón latexando acaríciame acaríciote o teu peito na miña man o meu pulso no teu acaríciame acaríciote unha caricia para o corazón o teu, entre os meus dedos latexando
Think out of the box
Thinking creatively, atoparlle a solución a un problema de xeito creativo e sen seguir as normas establecidas. Thinking outside the box orixinouse nos USA a finais da década dos 60. A “box” coa súa connotación de rixidez simboliza o pensamento único. Isto oponse a “out of the box” ou pensamento imaxinativo e creativo ou “blue-sky thinking”