Debería ser obrigatoria máis dunha lectura como The Element por Sir Ken Robinson cando estás preparanado as oposicións. Resultaría moito máis útil ter algo de formación sobre a creatividade e o seu papel na educación cando con quen imos traballar despois son rapazas e rapaces en pleno desenvolvemento e descubrimento do mundo. Eu enchinme de ler, estudar, analizar ata chapar libros de lingüística e gramática que ao final eran todos o mesmo libro e non me aportaron nada máis que un coñecemento amplo da lingua inglesa entendida coma un código que hai que descifrar coma se fose (con todo respecto) un xeroglífico exipcio sen máis función que esa.
Pois ben, The Element vai sobre a creatividade das persoas e de como encaixala nas nosas vidas facendo aquilo que nos gusta.
Así, lendo este libro, lembrei que hai un par de anos na Sección Bilingüe de 4º da ESO no IES As Bizocas realizaron un Lip Dub, unha actividade que ten en conta a creatividade, os intereses do alumnado e as súas capacidades, a súa linguaxe, e como non, a aprendizaxe efectiva dunha lingua estranxeira.
Tamén deixo outro exemplo chulíííísimo dun Lip Dub que fixeron no CPI Virxe da Saleta. Podedes atopar máis información en sesodurán, cadernodelingua ou en Trafegando Ronseis.