The Lost Thing é un maravilloso corto do ilustrador Shaun Tan que trata o tema da diferenza. Parecíame pouco compartilo en facebook por iso pensei que tiña que facer algunha actividade para poder traballalo nunha aula de secundaria. Despois dunha pequena procura na rede atopei a páxina oficial do estado australiano de New South Wales completamente adicada a esta historia. Aí vai a miña selección:
- Entra no website de Shaun Tan e escolle algunha criatura.
- Fai unha descrición da mesma usando esta guía como modelo.
- Agora chegou o momento de crear a túa propia criatura. Sigue as instruccións que aparecen aquí e crea a túa lost thing, lembra que debes usar materiais reciclados!
Podedes atopar o guión do corto en v.o. en laxastraducidas.