Winter´s bone, filme independente con sinatura de muller.

Filme gañador do Festival de Sundance na edición do 2010

“Non deberías pedir algo que che teñan que ofrecer”, así lle explica Ree Dolly a vida ao seu irmán menor.

O filme de Debra Granik describe unha familia que vive ao marxe da lei, centrándose na violencia que a define e como esta afecta aos seus membros. A historia de Winter´s bone parece sinxela. Ree, de dezasete anos, coida a súa nai enferma e os seus irmáns menores. Un día avisánlles de que poden perder a súa casa por culpa do seu pai, que está desaparecido e puxo a casa e as terras como fianza das súas débedas. Aí comeza Ree a súa viaxe na procura do seu pai, o que a fará madurar prematuramente.

Winter´s bone rezuma violencia, a violencia do submundo das drogas, exercida en moitas ocasións polas personaxes femininas. Contásenos o poderoso papel que teñen esas mulleres na vida dos seus homes. Os negocios son levados por eles, pero elas son as que manteñen a orde das cousas, da moral e das emocións. O filme está cheo de personaxes femininas fascinantes, tan protectoras do seu mundo, coma perigosas para  quen intente perturbalo.

Deixo enlace a MUFEST (Festival de Cine Feito por Mulleres), que xa vai pola terceira edición.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s