The Book of Kells, é un manuscrito ilustrado con motivos ornamentais, realizado por moxes celtas cara o ano 800 que representa pictoricamente os Evanxeos ao estilo artístico celta. O libro pasou de man en man, sobrevivindo ás invasións vikingas e perdéndose durante varios séculos. Atópase dende o século XVII no Trinity College de Dublín e se considera o legado máis importante da historia celta.
Neste manuscrito baséase a película de animación The Secret of Kells dirixido por Nora Twomey e Tomm Moore.
Este é un relato sobre a creación artística en tempos difíciles, a imaxinería e a temática encaixan perfectamente. A fábula que protagoniza Brendan reivindica a capacidade liberadora e reparadora dos libros.
Recomendación didáctica
Aplicación dos cómics e das novelas gráficas na aula. Pódese traballar co alumnado o proceso creativo e a linguaxe dos comics, realizando debuxos e guións creados por eles mesmos.
Recursos
Pixton: crear cómics online
Playcomic: deseño e edición de cómics