Las mujeres, que leen, son peligrosas

Esta fotografía, probablemente feita por Theodore Miller,     mostra a súa filla Lee Miller en compañía da súa mellor amiga no seu estudo parisino.

Lee Miller emigrou a París en 1929 onde se converteu en  modelo, discípula e amante do artista e fotógrafo surrealista Man Ray. Tamén ela abriu o seu propio estudo fotográfico traballando a maneira surrealista.

Adquirirá renome internacional polas fotografías que realiza durante os dous últimos anos da Segunda Guerra Mundial, e especialmente polas duras imaxes dos campos de concentración dos recén liberados. Lee nunca volverá a ser a mesma muller que almorzaba na cama e lía a prensa despreocupadamente.

Las mujeres, que leen, son peligrosas é unha historia ilustrada sobre lectura feminina de Stephan Bollman, dende a Idade Media ata o presente.

Pasaron moitos séculos antes de que as mulleres puideran ler o que quixeron, por educación ou por mero pracer. Dende o momento en que as mulleres tiveron acceso á lectura abriuselles o mundo do pensamento, da imaxinación e do saber.

Lendo, as mulleres apropiáronse de coñecementos, experiencias e dun mundo que estivera ata entón fora da súa man e só reservado para os homes.

Advertisements

One thought on “Las mujeres, que leen, son peligrosas

  1. Segue custando en ocasións ser aceptada como muller que le, como muller con acceso á cultura, aínda que pareza incrible, as mulleres que lemos e estudamos, hai contextos en que seguimos a ser as rariñas que fan cousas rariñas, e non é complexo. Pero que lemos, entendido como que á parte de divertirnos lendo, o asimilamos, non só devoramos libros, lemos e nos alimentamos do que lemos. Normalmente o perfil de muller lectora coincide co de muller indepente, con iniciativa propia, e iso segue a mancar nesta sociedade aparentemente igualitaria e moderna. Haberá que ler o libro. 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s