Fermosa entrada.
Ogallá a auga do relente faga que as nosas olladas miren outra realidade e que os arrecendos de herba luisa purifiquen o aire.

Filispines

O secreto para saír adiante é empezar. E o secreto para empezar é dividir esa tarefa que parece abrumadoramente complexa en pequenas metas e comezar sen máis demora pola primeira.

MARK TWAIN

Aníñome coas mans rubíndome ás orellas, non deixando entrada a ningún son. Todo é ruído. Formigueo no corpo. Néboa mesta que cae como chumbo. E a ti, Mark, pregúntoche “Cal é a meta? Cal é a primeira tarefa? Se todo é un caos.”

Pensemos entón que neste solsticio lograremos esconxurar todos os males e fuxir a todas as bruxas. Haberá flores abondo coas que florear as casas? Os arrecendos de fiúncho, de malva, de romeu, de herba luisa… serán perfumes penetrantes que purificarán o aire da peste que todo o asolaga. E ao mencer… e ao mencer, que? …. Bañaremos os rostros coa auga do relente, e as nosas olladas mirarán outra realidade. Soñar ou non soñar?

View original post

Advertisements

2 thoughts on “

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s