A educación e a inflexibilidade. 1ª parte

Onte asistín atónita a unha performance de inflexibilidade por parte dun adulto hacia unha nena de seis anos. A saber, a nena non contestou ao saúdo dun compañeiro e este foi o seu grandísimo pecado. Esta persoa adulta de tremenda moral insistiu hasta as bágoas en que a nena de seis anos contestase. Cando o fixo non lle pareceu suficiente o volume da voz, e claro, seguiu insistindo hasta que a nena de seis anos comezou a suspirar entrecortadamente e a persoa adulta conseguiu o seu propósito: que a nena dixese “sí” no volume correcto.

Eu pregúntome, para qué vale tanto despropósito? para que vale ser tan inflexible na educación dun pequeno cando a falta non é grave? Acaso as normas sociais dicen que se alguén non che saúda pola rúa imos detrás ata que nos dan o desexado saúdo?

Enlazo co que me pasou con Manuel e a zurra. Episodio que terán vivido moitísim@s d@s nais/pais que pensan coma min. O meu pequeno botou a correr pola rúa pensando que xogaba sen decatarse do perigo. Por sorte aínda son máis rápida e collino a tempo. Entón outra persoa adulta chamoume a atención dicíndome a célebre frase “una zurra a tiempo…” Cando lle dixen “Manuel ten autismo” deulle absolutamente igual e seguiu insistindo na súa venerable zurra, aleccionándome sobre as bondades do azote e os seus efectos.

Non me quero estender máis en exemplos porque hai mil cada día da maldita inflexibilidade que está moi ben considerada por unha parte ampla da poboación como algo realmente bo.

Eu digo que a educación d@s nos@s fill@s ten que ver tamén con outras cousas. Que ás veces cedamos non significa que non temos criterio. Significa que ás veces e cando o consideramos axeitado atendemos ás demandas e ás necesidades d@s nos@s pequen@s. Insistir hasta as bágoas cando non ten importancia o sucedido ou darlle unha zurra a un neno con autismo que non entende tal feito, e o que é peor, que pode interiorizalo como algo natural, non vale para nada.

Estou farta d@s  inflexibles e desa teoría da inflexibilidade tan arraigada no inconsciente colectivo. Pero para dar exemplo vou ser flexible e vou pensar que estas persoas adultas non teñen máis recursos, que os seus cerebros non son quen de procesar e contextualizar os datos, que só poden poñer en práctica aquilo que aprenderon con sufrimento e que preconizaba o pensamento único. Meus pobres!

Advertisements

2 thoughts on “A educación e a inflexibilidade. 1ª parte

  1. Hai moitos adultos nos que o afán por dominar ao débil semella un atabismo a erradicar. Basean a súa autoestima no mandar e ser obedecidos. E o tema de “a vida como sufrimento, na vida hai que estar para sufrir” como defende a demagoxia cristiá só crea frustrados. Hai que tentar conseguir un mundo mellor, máis positivo e que defenda a felicidade e o pracer (aínda que sexa nas pequenas cousas da vida, ou mellor -sentir pracer e ser felices coas pequenas grandes cousas da vida). Xa que estamos e somos deste mundo, busquemos o positivo que hai nel, que o negativo ten que ter volta positiva. 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s