Musicando Arbo ou convertindo as palabras en feitos.

(Pensaba para este artigo que tiña que ter moito coidado ao redactalo para non mesturar o profesional e o persoal, pero… menuda tontería! Así que aí vai.)

O venres pasado celebrouse en Boiro o festival audiovisual Olloboi 2012.  E mira que ben que eu teño un dos gañadores na casa: Seso Durán gañou o Olloboi 2012 ao mellor guión co video Musicando Arbo. Este foi o último traballo que fixo coa Orquestra Orff do IES As Bizocas.

Este festival audiovisual vense celebrando dende o ano 2010 como froito do traballo da asociación Marearte, unha asociación sociocultural sen ánimo de lucro que naceu como a expresión das inquietudes dun grupo de profesoras e profesores do ensino público galego en torno ao mundo audiovisual.

Ocorreseme que podería estenderme falando da inversión de tempo, traballo, esforzo, enerxías, etc. pero iso é algo que  aos que nos adicamos ao ensino e o facemos porque nos gusta non  nos di nada novo.

Prefiro falar da aposta decidida dun profesor de música polo seu proxecto, da creación dunha orquestra orff , dun festival de poesía e música, e das palabras que me dixo un día: crear cultura como algo tanxible. Seso Durán é un deses profes que pon toda a ilusión en cada alumn@, en cada grupo e en cada curso. Parabéns Seso, merécelo!

Advertisements

2 thoughts on “Musicando Arbo ou convertindo as palabras en feitos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s