Manolo Carolo e o 016

Seguro que tod@s @s da miña xeración lembramos cómo acabou Manolo Carolo coa súa muller. O asasino usou sete coitelos e un alfinete e despois meteuna nun saco e foina a vender dicindo “Quen quere touciño da miña muller?”

Pois ben, que eu saiba a Manolo non lle pasou nada, non o xulgaron, non foi ao cárcere e perviviu ata hoxe nas cancións infantís que se usan para decidir quen empeza un xogo primeiro.

Pregúntome, hai algún xeito máis maquavélico de perpetuar a violencia de xénero nas mentes de nenas e nenos que inocentemente cantan unha canción?

Éste é un exemplo claro de como a linguaxe pode amparar activamente a violencia física, sexual e sicolóxica contra as mulleres e convertirse así nun modelo de conduta destinado non só á transmisión de determinados valores senón tamén a interiorización, aceptación e perpetuación dos mesmos.

Por desgraza, esta reflexión veume á cabeza despois de ter escoitado o último asasinato de   Iria García Bouza degolada  polo seu exmozo en Narón hai poucos días.

A lingua imprégnase da vida, da concepción da mesma e do sistema non igualitarista da nosa sociedade. A lingua marca as realidades que nós creamos e mesmo desexamos. A renovación lingüística, por suposto, ten que ir acompañada dunha mudanza profunda nas relacións sociais pero lembremos que a lingua axuda, nomea e visibiliza realidades que é o primeiro paso para a toma de conciencia.

Este é o meu obxectivo: pensemos un pouquiño en como usamos a linguaxe, en qué deberíamos mudar para non ser cómplices dun sistema desigual para que Manolo Carolo por fin vaia ao cárcere e cumpra alí a súa pena.

Non podo deixar de incluir o corto que fixeron no IES As Barxas o alumnado de 4º da ESO guiados pola súa profesora de Educación Plástica e Visual, Luz Beloso. Así é como se cambia a realidade.

Advertisements

One thought on “Manolo Carolo e o 016

  1. Estaría ben que o tal Manolo acabara na cadea,pero mellor ,que as vindeiras xeracións se den conta de que Manoliño era un chisco trincachapas…Como sempre, a educación e a base…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s