O único que fago nesta entrada é resumir as palabras de Javier Tamarit nunha entrevista que deu para o programa Escúchame! de Canal Extremadura. Nela fala sobre a diversidade funcional, a discapacidade e a calidade de vida. Tamarit é responsable da área de calidade de FEAPS.
“As persoas con diversidade funcional deben ser as protagonistas da súa propia vida. Non falamos de persoas, falamos de cada persoa, pensando nela e non na discapacidade.
Hai dous mil anos de historia sobre a idea de discapacidade como cidadán de segunda categoría. Aristóteles falaba da persoa con discapacidade como menos persona (minus valor). Tamarit subliña que a persoa con diversidade funcional debe ser percibida, considerada e valorada como un cidadán de pleno dereito.
Queda aínda moito que facer e por iso usamos o termo empoderamento para as persoas con discapacidade. Darlle a cada persoa a súa voz para decidir o que desexa. Empoderalas para que se sintan o que son, persoas valiosas e valerosas para a nosa sociedade.”
Grazas Esther Medraño por colgar esta ligazón no meu facebook e grazas a José A. Espinosa polo seu magnífico blogue sobre accesibilidade e inclusión.
Por se alguén quere ler algo máis sobre inclusión, recomendo a entrada “Arte do posible” no blogue da asociación Andaina de nais e pais de nen@s con necesidades especiais de Redondela