1ª parte: a responsabilidade de dicir que o meu pequeno ten autismo.

Con todos os meus respetos para o filósofo clásico, dicía na anterior entrada que Aristóteles estaba trabucado: as persoas con diversidade funcional non son menos persoa, nen cidadáns de segunda categoría, deben ser cidadáns de pleno dereito, son persoas valerosas e valiosas para a nosa sociedade.

Pois ben, falando do empoderamento, de darlles poder e voz propia ás persoas con diversidade funcional, falarei da miña experiencia persoal e do meu fondo convencemento de que a loita polos dereitos comeza na propia familia.

Dende que nos deron o diagnóstico de Manuel o 19 de xaneiro de 2011, meu home e máis eu tivemos as ideas claras sobre qué facer coa nova situación. Ao principio estás en shock, vives un caos emocional e tes que asumir a condición do teu fillo. Manuel era o mesmo  neno pero agora tiñamos que afrontar unha circunstancia que, por grave, nos superaba de súpeto. Aínda así sempre soubemos que protexelo significaba falar ás claras sobre o seu autismo.

Manuel non pode ser medido igual que os demáis nenos aínda que é un neno coma os demáis. Que a xente saiba que ten autismo tradúcese normalmente en comprensión, empatía e axuda. Cando as familias facemos como que non pasa estamos facendo invisibles aos nosos nenos e, o que é peor, expoñéndoos a miradas e comentarios inxustos.

Vivir algo tan duro como isto ponte a proba, é entón cando as decisións que tomas teñen que ser máis valentes. Loitar polos nosos pequenos comeza en nós mesmos, en facerlle fronte á vida tendo claro que facer deles os cidadáns de primeira que desexamos iniciase en aceptalos como son.

Advertisements

4 thoughts on “1ª parte: a responsabilidade de dicir que o meu pequeno ten autismo.

  1. Espero que xa superada a situación de shock, loites con forza por facer visible o autismo, de Manuel e de todos os que son autistas. Necesitamos ver con normalidade situacións diferentes á maioritaria, que a xente saiba desas minorías e saiba tamén da súa ignorancia sobre elas. Vivimos nunha sociedade moi ignorante, que necesita coñecemento, aínda que pense que o sabe todo sobre todo. Unha aperta moi forte. Nunca esquecerei o vídeo de Manuel. Bo verán…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s