Yvonne ou a xenerosidade: unha carta para Manuel.

Yvonne é a voluntaria que se ocupou de apoiar a Manuel no campamento urbán do concello de Redondela celebrado en Pousadouro durante o mes de xullo. Para a xente que non o saiba aínda, meu fillo é un neno de catro anos que ten autismo.

En todo o camiño que levamos percorrido dende que nos deron o diagnóstico sempre tiven a sensación de que camiñaba por un túnel escuro sen apenas luces. Pois ben, sinto que o camiño está cambiando, que comeza a estar iluminado grazas a persoas como Yvonne. Adícolle esta entrada porque quero que quede por escrito o meu agradecemento. Yvonne é unha muller de mirada honesta e sorriso constante pero o que máis destaca dela é a xenerosidade, a que ten que ver coas emocións e cos sentimentos. Dende o primeiro día souben que o meu pequeno quedaba en boas mans e esa é a xenerosidade da que falo, a máis difícil de atopar e a que máis vale. Non me podo olvidar tampouco do seu fillo Marcos, un neno cariñoso e doce, un neno bo que herdou a xenerosidade da súa nai, que regalou bicos, apertas e palabras cariñosas.

Por se fora pouco todo isto onte recibín un correo seu que resultou ser unha carta para Manuel. Non digo máis, paga a pena leela.

Hola Manuel:

                    Estas son as últimas fotos que teño da “Coca Simona”, aínda que espero verte moitas máis veces. GRACIAS MEU QUERIDIÑO, gracias polo teu sorriso, polos teus bicos, polos teus abraciños, por demostrarme que eres moi independente, moi listo e moi “pillo” coas mozas (¡cántos non firmarían por andar de colo en colo asomándose polos escotes! seguro que pensache : aproveita agora Manuel… que despois non te van deixar…!)Que era broooma!!! Que xa sei que eres boíííño!!! Gracias por pasear tan contento da man de Marcos, coa ilusión que lle facía a el, pero tamén por axudarme a perder ese medo inxustificado a non estar a túa altura, por desmitificarme moitas cousas, porque gracias a ti coñecín a túa nai e sobre todo, por coñecerte en persoa: dende que vira “A canción de Manuel” en Redondela tv quedara prendada dos teus olliños e ¡o qué son as casualidades da vida! uns meses despois estaba frente a ti…Para min eres especial Manuel, sempre lembrarei eses ratiños que tiven a oportunidade de pasar contigo (aínda vou chorar, e mira que non quero…) Ás persoas quérelles ou non independentemente do tempo que pases con elas, o noso non foi moito pero suficiente como para que te quedaras para sempre, pódoche asegurar que neste campamento foche o protagonista de maiores e pequenos por méritos propios, PORQUE TE FAS QUERER!

                 ¿Sabes que descubrimento fixo hoxe túa nai? ¡Que somos veciños! Así que polo barrio nos veremos…UN BICO MOI GRANDE!.

Advertisements

12 thoughts on “Yvonne ou a xenerosidade: unha carta para Manuel.

  1. Es imposible no emocionarse…tanto por el agradecimiento infinito de Olga, como por la ternura de la carta de Ivonne, pero lo hacemos gracias a personas tan increíbles como vosotras.
    No se leen historias como ésta todos los días, sin embargo, estoy segura de que seguirán apareciendo muchas luces en el camino 🙂

    1. Tiene que ser increible la satisfaccion como madre debe de ser para ti que hablen asi de tu hijo, pienso que Manuel te dara las mayores satisfacciones de tu vida, la verdad es que todas estas cosas a mi me emocionan y me tocan de lleno, como para no sentir ademas es mi sobrino bikiños y nos veremos pronto seguro

      1. no deja de ser una sensación agridulce pero claro que me siento satisfecha, y, sobre todo, orgullosa. Manueliño está consiguiendo un montón de cosas que no nos imaginábamos hace un año, es un cielo. Un beso muy grande también para ti y para mis sobrinas. 🙂

  2. Es reconfortante encontrar personas que te dan seguridad y confianza a lo largo del camino….son tesoros que nos vamos encontrando…yo como madre también he podido sentir esa tranquilidad de dejar a mi hijo e irme tranquila…de saber que está en manos cariñosas,que comprenden su situación…y a mi dicho sea de paso…que avanzo a veces por baldosas inestables…a todas y todos esos grandes corazones gracias por hacer que nuestro camino sea mejor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s