Diane Ravitch: sobre o ensino de disciplinas artísticas

Traduzo  o que esta experta en educación da Universidade de Nova Iorque di sobre o ensino artístico no curriculum dos nos@s fill@s e a súa importancia no proceso de aprendizaxe:

“Unha educación integral comeza co ensino artístico

cando falo de mellorar a educación, sempre falo sobre o que significa unha educación integral e sempre comezo engadindo algo ao básico, ademáis dos exames e probas que tanto se enfatizan últimamente, dicindo que un ensino integral comeza polo ensino artístico. Tamén inclúe historia, formación cívica, xeografía, ciencias, linguas estranxeiras e educación física. Estas asignaturas son os fundamentos pero eu sempre comezo polas artes porque son unha forma tan elemental da expresión humana que é moi difícil imaxinar ter unha moi boa calidade de vida sen poder disfrutar e participar  da música, da danza… a creación artística e o seu disfrute, ámbalas dúas cousas.

Hoxe en día a expresión artística ten tantísimas formas que é complicado enumeralas, hai moita xente, especialmente xente xoven é moi hábil na creación artística de xeito digital que eu non sabería facer pero que podo disfrutar. Só hai que mirar a resposta de xente de calqueira idade e cultura a arte visual, baile, canto… non hai dúbida, é fundamental para o ser humano. Os seres humanos necesitamos expresarnos e tamén participar da expresión de outras persoas. Unha das cousas que me sorprende é que cando fas arte para ti mesmo e ninguén o comparte, non se pode dicir que sexa verdadeiramente arte hasta que o compartes con outros. Isto é algo que aprendín sobre escribir, se só escribes para ti e ninguén o le, se o deixas morrer no teu ordenador iso non se pode chamar verdadeiramente escribir. Escribir significa “o que se escribe para ser lido” e non só algo para un mesmo. E do mesmo xeito, a música e a danza que son creadas para ser compartidas.

O que fai poderosa a arte

Penso que o que fai poderosa á arte é sobre todo, para toda a xente pero especialmente para os nenos, a capacidade de expresar os sentimentos propios, e iso pode abarcar dende a felicidade absoluta ata todo tipo de sentimentos negativos, é a capacidade de expresión que da a arte e non enterralos dentro de ti. Da a oportunidade de crear unha maneira moi especial de expresar a ledicia, a ira e todo tipo de sentimentos intermedios.

Insistir no que é únicamente valioso  das artes

As disciplinas artísticas non son unha panacea en relación ás puntuacións dos exames. A arte é unha parte fundamental de ser humán, a argumentación que se ten que facer para o ensino artístico, negarllo ao alumnado é un erro porque os separa dunha das formas máis importante de expresión humana, a expresión espiritual, hasta o punto en que a redución das clases de educación plástica e visual e  d@s profesor@s desta disciplina sería tremendamente negativo para os nenos que teñen o mínimo polo cal pode interpretarse como unha discriminación de raza e clase. Se botamos unha ollada e analizamos onde se producen máis despidos é sempre nas comunidades máis empobrecidas. Así que penso que o argumento básico para defender o ensino artístico ten que facerse en términos de que este contribúe de xeito diferencial, así que diría que non falemos de exames cando argumentamos senon que insistamos no que se valora especialmente nas artes e iso é o desenvolvemento personal, o desenvolvemento humano, o desenvolvemento espiritual, o desenvolvemento da creatividade, todas estas cuestións son, as cualidades ás que as artes atenden e estas no son atendidas noutras partes do plan de estudos.

As artes son experiencia

Hai algo na natureza da educación hoxe en día polo menos na maioría das escolas e é que están moi alonxadas da realidade, cando os nenos aprenden sobre historia, non sinten que son parte da historia, sinten que están aprendendo algo que pasou hai moito tempo e que está nuns libros de texto e parécelles irreal. O mesmo sucede con case todo o que se estuda. Hai moitos niveis diferentes de abstracción que separa aos nenos do que sucedeu ou do que está a suceder, o que podería pasar co que están aprendendo. Unha das funcións únicas das artes é que é inmediata, é real, a participación nas artes é algo que te implica, o que fas, o que ves e o que oes, o que fas coas mans, o que creas dende o desafío no teu cerebro. Isto é real polo que é un xeito de filtrar a través de todos eses niveis de abstracción que separan aos nenos da vida real. De certo modo é unha das razóns polas que John Dewey falou das artes porque as artes son experiencia e na maioría dos estudos escolares o alumnado aprende sobre o que experimentaron outras persoas e nas artes son as túas propias experiencias que se están recreando para un mesmo e para os demáis.

A oportunidade de converterse nunha persoa plena e completa

Os defensores das artes teñen que facer o que a arte por sí mesma pode proporcionar, este é un argumento en sí mesmo, moi  poderoso. Creo que resoa co público e creo que en calqueira situación, en calqueira lugar, en calquera distrito escolar onde as artes estean ameazadas, os educadores das disciplinas artísticas teñen que ir directamente ás nais e pais, ao público, a todos os líderes. Hai un argumento económico en favor das artes, son un xerador moi potente de actividade económica, actividade cultural en todas as partes deste país, e moita xente múdase a cidades ou comunidades especialmente debido as vantaxes culturais. Pero o argumento básico é o desenvolvemento dos estudantes, o desenvolvemento dos xoves, a oportunidade de chegar a ser un ser humano pleno e ninguén pode querer quitarlle esa oportunidade aos seus fillos polo que creo que neste momento é crucial, un momento en que temos aos nosos líderes a ambos lados, republicanos e demócratas, obsesionados coas probas estandarizadas, obsesionados cos datos, obsesionados cos aspectos que matan o espíritu da creatividade, a orixinalidade da xente xoven. Isto fai aínda máis importante que @s profesor@s de ensino artístico insistan e digan que a arte non ten que ver coas calificacións, a educación artística básase no que está ben para os nenos, o que está ben para os xoves e proporcionarlles a todos a oportunidade que nos queremos para os nosos fillos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s