das TIC ás TAC, novas contornas de aprendizaxe

Xa hai tempo que se ven falando das TAC ou tecnoloxías de aprendizaxe e coñecemento. Hai debate no mundo do ensino en torno a como se deben integrar estas tecnoloxías no proceso de aprendizaxe e, como non, resistencias profundas ante unha revisión metodolóxica.

Vivimos nunha realidade aumentada no que existen espazos sociais novos, novos xeitos de comunicación, e todos eles son reais. As redes sociais e a internet son parte do noso contexto social que debemos integrar na escola. Cada vez máis a rede se vive como un contexto que mellora a realidade. Debemos dar o paso do uso das TIC como ferramentas ao acceso á información e á aprendizaxe permanente entendéndoo como un proceso que se produce coa tecnoloxía.

Wallwisher é unha destas novas contornas de aprendizaxe que funciona a modo de taboleiro de anuncios e permite compartir co alumnado toda a información, arquivos, exercicios ou tarefas relativas a un tema en concreto ou a un proxecto. O seu emprego é doado, só hai que rexistrarse, neste caso eu mesma como profesora e administradora do grupo , e unha vez feito o rexistro xa temos o noso espazo para organizar tantos taboleiros como desexemos. Deixo un exemplo de taboleiro onde se comparten opinións e propostas sobre un proxecto lip dub en 1º de Bacharelato.

Olga wisher

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s