Os da Asociación Andaina Redondela estamos de estrea. Comezamos a difusión das bases do Premio Andaina Redondela a obras audiovisuais, que semella ser o primeiro certame nacional de curtametraxes dirixido ao ámbito escolar e adicado á discapacidade, máis sobre todo á integración, á concienciación e á sensibilización sobre a realidade que viven as persoas afectadas e as súas familias, cuns problemas e cunha loita que queremos facer ben visibles.
Diriximos este premio ao ensino secundario de todo o estado, queremos movilizar xa mesmo as conciencias dos que van ser o futuro e que terán na súa man facer da nosa sociedade un lugar onde a atención á diversidade sexa unha prioridade básica.
O noso premio vai integrado no certame Redondela en curto, o prestixioso festival que este ano cumpre xa a súa 9ª edición. Non temos máis que palabras de agradecemento para Fernando Carreira, o director do festival, que acolleu a nosa proposta de colaboración como súa propia. Aquí tedes as bases en galego e castelán , o prazo remata o 30 de marzo.