Sabemos da importancia da adquisición dunha boa competencia lingüística para o desenvolvemento cognitivo. A linguaxe xunto coa socialización e a imaxinación son as bases da nosa intelixencia. No caso das persoas con autismo comunicación, socialización e imaxinación están alteradas, en cada persoa de diferente xeito porque cada caso é único. “El armario de Manuel” é unha explicación sinxela e un exemplo de cómo aprenden a linguaxe as persoas con TEA.