Época de exames…

Adele escribiu esta canción pensando no seu ex-mozo, non se podía ela imaxinar o éxito que tería. Xa que estamos en época forte de exames propóñemosvos que vos relaxedes un chisquiño (10 minutos non máis) e vexades o video que se grabou en directo no Royal Albert Hall. Dura 5 minutos así que aínda vos… Seguir lendo Época de exames…

Un poemiña sen reviravoltas

A nosa porción de noite para soportar_ A nosa porción de mañá_ O noso baleiro de gozo para encher O noso baleiro de desprezo_ Aquí unha estrela, e alá unha estrela, Algunha perde o rumbo! Aquí unha néboa, e alá unha néboa, Despois_ o Día! A tradución de Carlos Coira, o orixinal de Emily Dickinson… Seguir lendo Un poemiña sen reviravoltas

profe de garda

Estamos de estrea: nova sección! Nace coa intención de servir de axuda as nais e pais cando queirades unha opinión ou teñades algunha dúbida sobre a asignatura de inglés, dende educación infantil ata o bacharelato. Pretende ser un recurso para aquel@s que necesiten unha guía para @s seus fill@s. Conto coa colaboración de dous profes… Seguir lendo profe de garda

Un traballo de anxos: the book of Kells, the secret of Kells

The Book of Kells, é un manuscrito ilustrado con motivos ornamentais, realizado por moxes celtas cara o ano 800 que representa pictoricamente os Evanxeos ao estilo artístico celta. O libro pasou de man en man, sobrevivindo ás invasións vikingas e perdéndose durante varios séculos. Atópase dende o século XVII no Trinity College de Dublín e se… Seguir lendo Un traballo de anxos: the book of Kells, the secret of Kells

Mirando a realidade dende outro ángulo

The Lost Thing é un maravilloso corto do ilustrador Shaun Tan que trata o tema da diferenza. Parecíame pouco compartilo en facebook por iso pensei que tiña que facer algunha actividade para poder traballalo nunha aula de secundaria. Despois dunha pequena procura na rede atopei a páxina oficial do estado australiano de New South Wales… Seguir lendo Mirando a realidade dende outro ángulo

Algo de creatividade por favor!

Debería ser obrigatoria máis dunha lectura como The Element por Sir Ken Robinson cando estás preparanado as oposicións. Resultaría moito máis útil ter algo de formación sobre a creatividade e o seu papel na educación cando con quen imos traballar despois son rapazas e rapaces en pleno desenvolvemento e descubrimento do mundo. Eu enchinme de ler,… Seguir lendo Algo de creatividade por favor!

Skeleton Woman, compaixón e amor

“From Darkness” é unha adaptación do conto tradicional dos inuit Muller Esqueleto dirixido por Nora Twomey. A violencia dun home sobre a súa filla verase redimida cando outro home apareza. Muller Esqueleto forma parte dunha colección de vintecatro contos tradicionais de todo o mundo, seleccionados e reinterpretados por Tim Bowley na súa obra bilingüe (inglés-castelán)… Seguir lendo Skeleton Woman, compaixón e amor