Relato irreverente en primeira persoa do adolescente Oliver Tate que pretende salvar o matrimonio dos seus pais ao mesmo tempo perder a súa virxinidade antes de cumprir os dezaseis anos. Entre o cómico e o dramático, Oliver vai descubrindo o mundo dos adultos, do amor e as decepcións. O autor Joe Dunthorne é unha das… Seguir lendo Literatura made in Wales
Categoría: inglés
Think out of the box
Thinking creatively, atoparlle a solución a un problema de xeito creativo e sen seguir as normas establecidas. Thinking outside the box orixinouse nos USA a finais da década dos 60. A “box” coa súa connotación de rixidez simboliza o pensamento único. Isto oponse a “out of the box” ou pensamento imaxinativo e creativo ou “blue-sky thinking”
Proxecto CLIL: From English to art… and the other way round
Queríamos motivar ao alumnado, favorecer o desenvolvemento da sensibilidade estética e a creatividade, axudar a que a aprendizaxe lingüística se produxese de xeito efectivo, mellorar as relacións sociais e potenciar o traballo cooperativo. BREVE DESCRICIÓN DO PROXECTO Curso: 3ºESO Duración : 20 sesións Finalidade: Inauguración dunha galería de arte feita polo alumnado na entrada do… Seguir lendo Proxecto CLIL: From English to art… and the other way round
A todo filispín…
Foi Román Landín o que me falou do galinglish e quen me deu toda a información sobre o tema. Despois ocurréuseme facer unha actividade sinxela pero que tivo moi boa acollida entre o alumnado…
Beyond Babel
É o título dunha serie que se emitiu na BBC e que se pode atopar en DVD. Eu dei con ela por casualidade cando buscaba información sobre o lingüista David Crystal. Nun percorrido por catro programas (Trade, Culture, Politics, Future) analízanse en profundidade os diferentes factores que fixeron que o inglés teña a condición de… Seguir lendo Beyond Babel
O enfoque humanístico no ensino de idiomas
Porque a lingua se pode ensinar doutro xeito. Descubrín este libro despois de asistir a un obradoiro que impartiu a autora nunhas xornadas de Apiga alá polo 2002, se mal non lembro. Baseándose no enfoque humanístico para o ensino de idiomas, Jane Arnold xunto con outros colaboradores de renome deixanos claro en Affect in language learning que… Seguir lendo O enfoque humanístico no ensino de idiomas