Mirando a realidade dende outro ángulo

The Lost Thing é un maravilloso corto do ilustrador Shaun Tan que trata o tema da diferenza. Parecíame pouco compartilo en facebook por iso pensei que tiña que facer algunha actividade para poder traballalo nunha aula de secundaria. Despois dunha pequena procura na rede atopei a páxina oficial do estado australiano de New South Wales… Seguir lendo Mirando a realidade dende outro ángulo

Algo de creatividade por favor!

Debería ser obrigatoria máis dunha lectura como The Element por Sir Ken Robinson cando estás preparanado as oposicións. Resultaría moito máis útil ter algo de formación sobre a creatividade e o seu papel na educación cando con quen imos traballar despois son rapazas e rapaces en pleno desenvolvemento e descubrimento do mundo. Eu enchinme de ler,… Seguir lendo Algo de creatividade por favor!

Skeleton Woman, compaixón e amor

“From Darkness” é unha adaptación do conto tradicional dos inuit Muller Esqueleto dirixido por Nora Twomey. A violencia dun home sobre a súa filla verase redimida cando outro home apareza. Muller Esqueleto forma parte dunha colección de vintecatro contos tradicionais de todo o mundo, seleccionados e reinterpretados por Tim Bowley na súa obra bilingüe (inglés-castelán)… Seguir lendo Skeleton Woman, compaixón e amor

Literatura made in Wales

Relato irreverente en primeira persoa do adolescente Oliver Tate que pretende salvar o matrimonio dos seus pais ao mesmo tempo perder a súa virxinidade antes de cumprir os dezaseis anos. Entre o cómico  e o dramático, Oliver vai descubrindo o mundo dos adultos, do amor e as decepcións. O autor Joe Dunthorne é unha das… Seguir lendo Literatura made in Wales

Think out of the box

Thinking creatively,  atoparlle a solución a un problema de xeito creativo e sen seguir as normas establecidas. Thinking outside the box orixinouse nos USA a finais da década dos 60. A “box” coa súa connotación de rixidez simboliza o pensamento único. Isto oponse a “out of the box” ou pensamento imaxinativo e creativo ou “blue-sky thinking”

Proxecto CLIL: From English to art… and the other way round

Queríamos motivar ao alumnado, favorecer o desenvolvemento da sensibilidade estética e a creatividade, axudar a  que a aprendizaxe lingüística se produxese de xeito efectivo,  mellorar as relacións sociais e potenciar o traballo cooperativo. BREVE DESCRICIÓN DO PROXECTO  Curso: 3ºESO Duración : 20 sesións Finalidade: Inauguración dunha galería de arte feita polo alumnado na entrada do… Seguir lendo Proxecto CLIL: From English to art… and the other way round