A través de Xosé Manuel López coñecín a obra de Donna Williams, unha autora australiana de prestixio. Entre as súas obras podemos atopar Nobody Nowhere best seller mundial no que conta de maneira autobiográfica a súa experiencia vital como persoa afectada de autismo. Esther Medraño interesouse tamén por esta autora e pasoume o poema que… Seguir lendo Bumatrahta
Etiqueta: poema
Algodón
Feitos madexa, mesturados os dous na cama desfeita, abandoados os pensamentos á súa sorte. Descansando sobre sabas de algodón deixando fuxir os medos e o cansanzo. Mesturados os dous con coidado. Os dous respirando a modo, profundamente con coidado de estar ben mesturados, de ser madexa única, de descansar sen descanso. Os pensamentos marchando, voando… Seguir lendo Algodón
cariciasparaocorazón
a miña man no teu peito morna a miña man quente o teu peito o corazón latexando acaríciame acaríciote o teu peito na miña man o meu pulso no teu acaríciame acaríciote unha caricia para o corazón o teu, entre os meus dedos latexando