Alto alto como una montaña con A&B Comunicación e Deseño

Esta é a entrada que nos adican en A&B Comunicación e Deseño o día da estrea da nosa nova imaxe, grazas Ainhoa e Blanca.

Hoxe saíu á luz o resultado dun dos primeiros encargos que tivemos: un logo para Alto alto como una montaña, un blog onde nos explican de maneira accesible, cercana e creativa o que é o autismo.

As súas creadoras son Esther Medraño e Olga Lalín (terapeuta e mamá de Manuel, o noso protagonista). A elas queremos agradecer a súa confianza dende o principio. Colaborar con proxectos tan necesarios e que se fan con tanta paixón coma este é unha sorte e toda unha honra para nós.

E agora convidámosvos a que indaguedes un chisquiño no que é Alto alto como una montaña, porque non só é un blog no que se fale do autismo, senón que é un espazo para o entendemento, a sensibilidade, a superación, a alegría, a inclusión, a imaxinación e a supervivencia. Porque somos supervivintes. E como ben din Esther e Olga: “atoparémonos na cima, porque cando as cousas se fan co corazón, sobra a sorte”.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s