Relato irreverente en primeira persoa do adolescente Oliver Tate que pretende salvar o matrimonio dos seus pais ao mesmo tempo perder a súa virxinidade antes de cumprir os dezaseis anos. Entre o cómico e o dramático, Oliver vai descubrindo o mundo dos adultos, do amor e as decepcións.
O autor Joe Dunthorne é unha das voces máis potentes do panorama literario británico. Son inevitables as comparacións con J.D. Salinger e “The Catcher in the Rye”.
O éxito da novela inclúe a súa adaptación ao cine con banda sonora de Alex Turner, dos Artic Monkeys.