Lisa a da Maceira e as mulleres do téxtil de Redondela

 Como dicía ela

“…cuarenta anos traballando nunha fábrica. Antes non era coma agora. Aos trece anos miña nai sacoume do colexio e meteume a traballar. E así, veña! Desde os trece anos hasta que nos botaron. A min as encargadas queríanme ben. Aínda lle aprendín a moitas que non sabían nada, poñíanmas ao meu lado, a aprender conmigo. Hasta que me quixeron poñer a min de encargada. Pero eu non quixen, non… eu non valía para mandar. Desde as seis da mañá hasta as doce, despois desde as tres hasta as cinco, sen levantarme do meu sitio, así, quietiña, atenta ao traballo para que os cuellos das camisas foran dereitiños.”

foto-abuela-lisa_2Lisa a da Maceira é a que está no medio co canciño no colo.

Miña avoa foi unha de tantas mulleres que traballou para a empresa téxtil de José Regojo que despois de chegar a ser terceira en importancia por detrás de El Corte Inglés e Cortefiel, foise a piques de mala maneira a comezos dos anos 80. Eu lembro as manifestacións, as persianas baixadas a tope, o ruído das pelotas de goma, o medo aos grises e a rabia por ter sido enganadas.

Na canle social de Redondela TV pódese ver o documental dirixido por Cuchi Carreira narrado pol@s  protagonistas.

Advertisements

2 thoughts on “Lisa a da Maceira e as mulleres do téxtil de Redondela

  1. Lendo o artigo lembrei inevitablemente o traballo das mulleres do Morrazo nas conserveiras, especialmente na de Massó, e lembroume todas as fotografías que daquelas traballadoras vin ao longo dun curso no que traballei un pouco o tema. Emocionante! Dicía unha daquelas mulleres, que traballadoriñas eramos! E eramos felises… Actualmente xa estou un pouco desnortada, pero o q si sei é que tendo un pouco de sentido común, ausente nestas épocas, hai q tentar buscar a felicidade nalgún lugar, aínda q só sexa nos minutos do descanso, como facían elas.
    Noraboa polo artigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s