Estamos de estrea: nova sección!
Nace coa intención de servir de axuda as nais e pais cando queirades unha opinión ou teñades algunha dúbida sobre a asignatura de inglés, dende educación infantil ata o bacharelato. Pretende ser un recurso para aquel@s que necesiten unha guía para @s seus fill@s.
Conto coa colaboración de dous profes con ampla experiencia no ensino do inglés: Mariló Vélez da EOI de Santiago, sección de Noia e Xosé Manuel López do IES Laxeiro de Lalín.
Podedes poñervos en contacto connosco a través do facebook ou deixando un comentario no blogue. Agardámosvos!
E como abril é o mes dos libros, propoñémosvos que vexades este corto maravilloso sobre o valor do coñecemento e a súa transmisión: The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore. Co ovo Humpty Dumpty como guía ao longo da historia está cheo de referencias ás cancións infantís tradicionais inglesas “Pop goes the weasel” ou “Round and round the mulberry bush.”