Vivimos momentos de profunda desolación pedagóxica coa LOMCE chamando ás portas do ensino que ven, por iso hai que darlle toda a difusión a proxectos como o da CGENDL que pon en marcha unha iniciativa fermosa.
O 12/12/12 ás 12:00 no IES Ribeira do Louro sumámonos a RecitandoCelsoemiliO que consistirá no recitado público do poema Deitado fronte ao mar e nun envío masivo nas redes sociais do lema recitandocelsoemilio acompañado do poema.
Achégase o día 12 precedido da campaña da CGENDL co video tan chulo de As Barxas e da resaca do Culturgal: educación, acción, ensino, emoción, lingua, respeito, dereitos… cito literalmente da páxina da coordinadora “desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia”