Adele escribiu esta canción pensando no seu ex-mozo, non se podía ela imaxinar o éxito que tería. Xa que estamos en época forte de exames propóñemosvos que vos relaxedes un chisquiño (10 minutos non máis) e vexades o video que se grabou en directo no Royal Albert Hall. Dura 5 minutos así que aínda vos quedan outros cinco para estirar as pernas e tomar algo. Por certo, se alguén está en exames e ademáis sufre mal de amores esta é a canción coa letra adecuada. Tomade exemplo e fixádevos en que marabilla de canción converteu Adele a súa dor.
Un lume avivece no meu corazón
ata mudar en febre
está a eliminar a escuridade
finalmente podo verte con claridade
veña, traizóame
e desvelo as túas mesquindades
mira como marcho con cada anaco de ti
non subestimes as cousas que vou facer
un lume avivece no meu corazón
ata mudar en febre
está a eliminar a escuridade
as cicatrices do teu amor lémbranme o noso
e fan que pense que case o tivemos todo
as cicatrices do meu amor deixánme sen alento
non podo evitar sentir
que puidemos telo todo
verténdose no máis fondo
tiveches o meu corazón nas túas mans
e fixeches
que soara ao teu compás
neno, non teño nada que contar
pero escoitei unha de ti
e vou facer que arda a túa cabeza
pensa en min no máis fondo da túa desesperación
e fai casa alí
lembrándoche a que compartimos
as cicatrices do teu amor lémbranme o noso
e fan que pense que case o tivemos todo
as cicatrices do teu amor déixanme sen alento
non podo evitar sentir
que puidemos telo todo
verténdose no máis fondo
tiveches o meu corazón nas túas mans
e fixeches
que soara ao teu compás
lanza a túa alma a través de cada porta aberta
dá grazas polo que tes para atopar o que buscas
convertín a miña pena en prezado ouro
e págasme coa mesma moeda e recolles só o que sementas
puidemos telo todo
puidemos telo todo
todo…
puidemos telo todo
as bágoas caerán
verténdose no máis fondo
tiveches o meu corazón nas túas mans
e fixeches que soara a0 teu compás
vas desexar non terme coñecido xamais
verténdose no máis fondo
as bágoas caerán
verténdose no máis fondo
tiveches o corazón
nas túas mans
vas desexar non terme coñecido xamais.
Tradución de Mariló Vélez, Xosé Manuel Fernández e Olga Lalín.