Falarei das axudas públicas que temos na miña familia para a atención ao noso fillo Manuel de 4 anos diagnosticado con autismo e cunha discapacidade recoñecida do 65%.
Por desgraza serei moi breve:
_ningunha axuda de tipo económico excepto a dedución do IRPF
_ unha profesora de pedagoxía terapéutica que asistiu a Manuel durante 5 horas semanais e que nestes momentos non temos a seguridade de que continúe para o curso que ven.
Grazas a asociación Por Dereito, da que formo parte, acabo de saber da política de recortes para persoas con discapacidade que pretende levar a cabo o goberno. E que hai algo máis que recortar?
Cando me deron o diagnóstico de Manuel pensei inmediatamente en que sería del cando non estivésemos os seus pais. Agora a miña preocupación xa se adianta aos futuros 26 anos do meu fillo se esa política vai adiante.
Dende logo, non vou calar e farei todo o que estea nas miñas mans para que isto non se convirta en realidade.